Unha colisión entre tres vehículos deixa cinco feridos en Vedra
29 de mayo de 2016 (21:03 h.)
Un dos afectados necesitou a axuda dos bombeiros para ser liberado do auto no que quedou atrapado
A última hora do sábado, unha colisión entre tres vehículos na estrada N-525 ao seu paso polo termo municipal de Vedra deixou cinco persoas feridas. O accidente produciuse no quilómetro 325 da citada vía e foi necesaria a asistencia do corpo de bombeiros para liberar a un dos feridos que quedou atrapado nun dos autos implicados, segundo informou a Axencia de Emerxencias de Galicia.
No operativo participaron efectivos de Urxencias Médicas, Bombeiros de Ordes e de Santiago, Garda Civil de Tráfico e GES da Estrada.