SUPOÑO QUE o capitalismo é isto. Ter que ir traballar a unha fábrica chea de xente pero non poder asistir ao funeral da túa avoa. Ter que coller o metro en hora punta pero non poder viaxar ata Lugo para darlle un bico aos teus pais. O capitalismo sempre atopa unha xustificación para que o económico prime sobre o humano; mesmo facéndonos crer que o económico é o humano.
Agora proliferan os expertos que barruntan como será o futuro. Algúns prognostican o fin dunha era. Permítanme, e non porque non o desexe, que o poña en dúbida. O capitalismo non só sobreviviu a todas as crises que provocou, desde o crac do 29 ata o crash de 2008, senón que recruou os seus mecanismos á saída de cada unha delas. É, sen dúbida, unha gran contradición. Todos as temos. Agora descúlpenme; teño que mercar un móbil en China vía Amazon.
* Este tuit de @albertpelias, que se fixo viral nas últimas horas, inspirou esta reflexión. Reflexión que, coma todas no caso do autor deste artigo, bebe das mellores fontes. Neste caso Twitter
No creo que exista una definición más perfecta de capitalismo que no poder ir al entierro de tu abuela el viernes para no entrar en contacto con otras personas, y que el lunes te obliguen a ir en el metro a trabajar porque, con suerte, te van a dar una mascarilla.
— albertpelias (@albertpelias) April 12, 2020