jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Asuntos de campaña

DOUS ASUNTOS que só interesan parcialmente acapararán a campaña electoral que de xeito oficial se inicia o día primeiro do mes que vén. Cataluña e Franco serán os principais argumentos dos próximos días, e iso que está xeralizado o sentimento de cansazo (ou iso se di) polo conflito catalán e o cambio de lugar dos restos de Franco é eludido pola maioría por moito que irrite a uns e satisfaga a outros.

Leva a comunidade autónoma díscola acaparando protagonismo político en España e centrando os discursos dos partidos desde hai anos, e logo da sentenza polo procés lonxe de minguar acrecentarase, co risco de minimizar calquera outro tema, incluído o traslado do ditador, cando segundo o barómetro do CIS o máis preocupante para os españois son os problemas de índole económica, e sobre iso vaise falar pouco ata o 10-N, quizais algo sobre a crise que vén, pero pouco máis. Ou enganamos nas enquisas ou políticos e cidadáns van por camiños diversos.

Asuntos de campaña
Comentarios