domingo. 09.05.2021 |
El tiempo
domingo. 09.05.2021
El tiempo

Ataca que algunha lesión queda

CHOVE E A praza está mollada, a culpa é de Lara. Este xenial pareado humorístico que alguén deixou escrito na rede virtual reflicte unha das normas da estratexia propagandística, que o rival político é responsable negativo de todo, tanto do que fai como do que deixa de facer, tanto do que fala como do que cala. Todo é susceptible de ser utilizado na súa contra coa outra fórmula de repetir mil veces unha mentira para convertela en verdade. Neste caso é referido á alcaldesa de Lugo, pero calquera outro representante público pode ser vítima deste modelo.

Os mesmos que acusan o partido de ultradereita de defender o sistema anterior critícano por pactar gobernos con outras formacións, cando os acordos simbolizan a máxima expresión política. E desde esta bancada, arremetían contra o Goberno por non conseguir sacar adiante os orzamentos e agora que os encamiñan censúranlle a elección dos socios para aprobalos. O caso é reprobar.

Ataca que algunha lesión queda
comentarios