martes. 07.04.2020 |
El tiempo
martes. 07.04.2020
El tiempo

España róubanos

EN VEZ de amainar, recrúa. E iso debería supoñelo quen tomou a decisión de non devolver os 198 millóns que lle corresponden a Galicia pola recadación do Ive de decembro de 2017. España róubanos, podería argumentar calquera a semellanza do que ocorreu durante anos con outro esquinazo peninsular. Aínda que a falta de reintegro sexa xeral.

Erro político difícil de entender a non ser que quen ostenta o Goberno central estea interesado en que non se produzan cambios na Xunta, como cando Felipe González favoreceu a retirada de Fraga a Galicia en detrimento dos seus correlixionarios. Porque estamos, non hai que esquecelo, en período electoral. E Caballero non pode estar contento. Pero este enfrontamento que para o orzamento español supón un pírrico 0,06% pero que para Galicia representa o 2% evitaríase se xa cada comunidade se quedara coa parte correspondente en vez de entregar o percibido ás arcas estatais para logo agardar a liquidación. 

España róubanos
Comentarios