martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Ás veces as protestas teñen recompensa

POLO visto, ás veces a presión social serve para algo. Non sempre, porque as protestas pola reestruturación das áreas sanitarias en Galicia non abrandaron a quen ostenta maioría no Parlamento, que a fixo valer para aprobar unha lei que, por exemplo, deixa o hospital de Valdeorras dependente do de Ourense e os de Burela e Monforte do de Lugo. Quen si estivo receptivo ás protestas foi o Ministerio de Fomento. Ten a provincia de Lugo abandonada, pero aceptou o que era clamor, a necesidade de mellorar o firme das estradas. De momento é só un anuncio, pero xa é algo. Fíxoo aproveitando o que antes se chamaba colocación da primeira pedra, e agora, máis moderno, inauguración do inicio de obras, neste caso do tramo de autovía Arzúa-Melide, tres meses despois do previsto. A belixerancia cidadá hai veces que dá resultado, pero vou calar porque ao mellor denúncianme por incitación.

Ás veces as protestas teñen recompensa
comentarios