Seis mortos, entre eles os dous agresores, nun tiroteo en Nova Jersey

As autoridades de Nova Jersey confirmaron que no intenso tiroteo rexistrado este martes nun supermercado morreron un policía e outras cinco persoas, entre elas os dous agresores que se refuxiaron na tenda de comestibles kosher. "Esta é unha investigación que tomará semanas, talvez meses", dixo o xefe da policía de Nova Jersey, Mike Kelly en conferencia de prensa para avanzar as dificultades que prevé para determinar o que pasou, aínda que descartou que fose un crime de odio ou un acto vinculado ao terrorismo.