A beatlemanía paraliza Abbey Road no 50 aniversario da icónica foto
09 de agosto de 2019 (12:39 h.)
Podería parecer un cruzamento calquera dunha rúa calquera do londiniense barrio de St John' s Wood, pero cada ano miles de turistas atravesan o paso de peóns de Abbey Road co obxectivo de imitar unha das fotos máis famosas da historia, portada do homónimo álbum de The Beatles de 1969. Este venres cúmprense cincuenta anos despois de que Iain Macmillan tomase a instantánea.l