Galicia

Feijóo auséntase dun acto en Pontevedra por unha protesta de Xustiza

Alberto Núñez Feijóo ausentouse da homenaxe ao arquitecto Alejandro de la Sota, que se celebra este sábado en Pontevedra, "para non boicotealo", segundo confirmaron fontes próximas ao presidente de la Xunta, ao concentrarse ante o Teatro Principal un grupo de traballadores de Xustiza para protestar pola súa situación. O xefe do Executivo galego ía presidir o acto no Teatro Principal xunto ao conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, pero finalmente deu media volta cando se atopaba na Praza de España ao ver a protesta dunha vintena de funcionarios da Administración de Xustiza, que levan máis de dous meses de paro indefinido, informa Sara Vila.  O arquitecto pontevedrés Alejandro de la Sota é homenaxeado este ano no Día das Artes Galegas pola Real Academia Galega de Belas Artes.

Comentarios