Uns 200 axentes forestais e ambientais marchan en Santiago en "loita" por unhas condicións "dignas"
24 de mayo de 2018 (16:33 h.)
Uns 200 axentes forestais e ambientais, convocados polos sindicatos UXT e CIG, manifestáronse este xoves en Santiago de Compostela como vía de "loita" para reclamar unhas condicións de traballo "dignas". Á chegada a San Caetano, a marcha confluíu con outra de traballadoras de limpeza da Xunta, que denuncian a discriminación salarial por razón de xénero. Claman por "igual salario a igual traballo", segundo a CIG.