Bublé cede o micrófono a un fan en pleno concerto e queda pampo ao escoitalo cantar
20 de febrero de 2019 (14:19 h.)
Cando o músico canadense Michael Bublé pasou o micrófono a un fan para cantar Fly me to the moon durante un concerto en Xeorxia —unha das tantas cancións que inmortalizou Frank Sinatra— non puido evitar quedar perplexo coa gran actuación do seu seguidor, que se atopaba entre o público. A escena foi gravada pola noiva do espontáneo artista, que subiu o vídeo ás redes.