jueves. 03.12.2020 |
El tiempo
jueves. 03.12.2020
El tiempo

Vídeos

A decana de Ciencias Sociais e o istmo de A Lanzada, protagonistas en '¡Ahora caigo!'

Emma Torres, decana de Ciencias Sociais e Comunicación de Pontevedra, protagonizou un dos grandes momentos da tempada en ¡Ahora Caigo!.

Durante o programa emitido este luns, Torres, natural de O Grove, tiña que adiviñar un lugar coa pista "foi motivo de conflito". Ela tirou pola súa terra e respondeu "o istmo da Lanzada", ante o que Arturo Valls, que non sabía do que falaba, lle preguntou: "Chiquito da Calzada?".

O certo é que a proba continuou e, na súa segunda resposta, a decana de Ciencias  Sociais dixo a Canle de Panamá. Non ía  desencaminada, xa que o seu rival, na súa quenda, e recollendo a luva da galega, apostou pola Canle de Suez. E acertou.

Así foi como Torres quedou eliminada tras protagonizar un episodio que Antena 3 cualificou de "momentazo insólito".