Xurxo Triñanes: "Non podemos escudar a defensa de alguén por moito que sexa dos nosos"
23 de marzo de 2018 (22:33 h.)
A intervención de Xurxo Triñanes (Boiro Novo) molestou aos integrantes críticos do Consello das Mareas que abandonaron este venres a reunión do organismo ao entender que nela se lanzaron ataques "persoais" contra a deputada Paula Quinteiro. Con todo, Triñanes defendeu a súa postura, ao insistir en que é lóxico que nunha organización se pidan "explicacións" sobre unha actuación desafortunada "por moito que sexa dos nosos". VÍDEO: PEPE FERRÍN