miércoles. 19.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 19.01.2022
El tiempo

Débeda pública galega

OS GALEGOS debemos, en 2018, unha cantidade tal de cartos que non parece preocupar moito ás autoridades competentes coa responsabilidade da súa xestión.

As cifras para un peto de cidadán corrente son de vertixe: en 2018 debemos (ou deben?) 11.750 millóns de euros. É unha débeda en ascenso que non fixo máis que incrementarse nos últimos 10 anos: desde 2009, en que se debían 4.859 millóns de euros, que representaban un 8,6% do PIB galego, pasamos a 11.750 millóns de euros que representan (19,10%) case o 20% do PIB galego (unha quinta parte do noso produto anual para débeda). Poderíase pensar que nos piores tempos da crise e obrigados polas circunstancias de penuria de medios e mais a política de recortes xeneralizados impostos polo goberno central, non quedou mas remedio que pedir empréstimos: ao goberno central, aos bancos privados españois, aos bancos privados estranxeiros…, pero tanto nos anos 2016 e 2017, e neste mesmo, en que se van encadeando trimestres consecutivos de crecemento económico, non semella estar moi xustificado seguir endebedándose.

A traxectoria da débeda pública galega é preocupante, examinada desde si mesma e desde a perspectiva do uso que se lle debeu dar. As análises que se adoitan facer do significado da débeda utilizan case sempre unha perspectiva comparativa con outras comunidades autónomas, co total do Estado ou mesmo con outras pequenas nacións do entorno da UE. Pero comparar unha débeda, comparar dous debedores, esixe un degrau de seriedade superior ao de pór unha cifra ao lado doutra. É relevante compararnos con comunidades autónomas con distinto tamaño en poboación e renda? É útil saber como medra máis a débeda dunha comunidade que parte dun nível de riqueza completamente distinto do noso? Que importancia ten que a débeda de outros medre máis que a nosa se non coñecemos o uso que lle deron, ou o que lle custa pagar os xuros?

 Na vida privada particular sabemos que o problema dun debedor non é o tamaño da súa débeda senón a relación que garda cos seus ingresos, co seu patrimonio, coas ganancias futuras e mesmo coa solvencia calculada en base ás capacidades coñecidas. Non é que teña comparación a economía dun particular coa dun país (lembremos aquela frase manida de "non se pode gastar o que non se ten", dicían os portavoces e acólitos da política gobernamental, vulgarizando a explicación dos recortes do gasto público para pagar o resgate bancario); en realidade só se parecen en que hai malos administradores en todas partes, pero o que si é unha boa interrogación é saber en que se gastaron os fondos pedidos. Aquí sabemos en que non se gastaron: non se gastaron en ensino público nen en sanidade pública, nen en melloras da administración pública autonómica, nen en investigación nen en financiar a asistencia aos dependentes. Tampouco en crear emprego para os egresados das universidades nen para paliar o desemprego xuvenil con cuotas de ferida social: máis do 36% dos menores de 25 anos dos mozos están en paro. Saberemos en que se usaron?

Débeda pública galega
Comentarios