domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

A voltas con Franco

O QUE MAL comeza é difícil que vaia por bo camiño, e non por falta de intención, pero o proceso enlamouse porque non estaba orientado correctamente nun principio. Con todo, desde que se anunciou que se ían inhumar os restos de Franco o que se conseguiu foi un efecto chamada dos nostálxicos que antes apenas se deixaban ver polo Valle de los Caídos e agora forman multitude. Levan a disputa legal polos despoxos do ditador os seus descendentes, os de sangue —os netos políticos son millóns e séguense reproducindo en vez de minguar—. E neste combate, máis político que familiar —se fose deste tipo nada terían que obxectar—, os parentes utilizan todo o seu arsenal xudicial que pode prolongar o proceso por máis que agora sufriran un contratempo coa sentenza do Supremo que rexeita paralizar a exhumación. Esta dilatación propaga o franquismo, que ademais se está desacomplexando e ensinando de novo a patiña para perigo da democracia.

A voltas con Franco
Comentarios