martes. 20.10.2020 |
El tiempo
martes. 20.10.2020
El tiempo

Cuestión de comparanzas

NON SABÍAN que eran pobres. Cóntao un irmán de Scottie Pippen, quen uns anos despois de que empezara xogando ao baloncesto nunha pista de terra conseguiu seis títulos da NBA e, por conseguinte, engrosou a conta bancaria con millóns de dólares. A pobreza é relativa, depende de con quen sexa a comparación. Os Pippen nos setenta do século pasado non se consideraban desamparados porque ao seu arredor no estado de Arkansas é posible que todos tiveran similares carencias. Aquí seremos máis pobres en comparación con marzo, porque haberá soldos menores, ingresos máis baixos nas empresas e moita xente no paro. Descoñeciamos as escasezas que ían vir. Igual que non sabiamos que eramos libres, limitados en parte polas leis positivas que maioritariamente nos demos, pero sentiámonos sen ataduras; non nos decatabamos de todo o que podiamos facer ata que nos privaron do albedrío ao que estabamos acostumados. Cuestión de comparanzas.

Cuestión de comparanzas
Comentarios