miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

Cuestión de preferencias

POIS RESULTA que é gravísimo cualificar a Semana Santa de desfiles de vaidade e rancio populismo cultural, tanto que un partido que apoia o Goberno andaluz pretendía que o Parlamento reprobase a conselleira que escribiu esa frase, coa que daquela comungaba pero da que na actualidade, tras ser fichada para a política por unha formación emerxente, renega. Quizais esta desproporcionada medida reclamada contra unha opinión igual de respectable que a de quen defende todo o cerimonial xurda de quen encabezou para a Xunta de Andalucía unha nova avellentada formación política, o xuíz prevaricador que estarricou ilegalmente as vacacións dun neno co seu pai para que puidera participar nunha procesión. Negacionista da violencia de xénero e furibundo crítico coas políticas de igualdade, parece interesarlle máis o culto a un símbolos que algunhas vidas. É cuestión de preferencias, e polo visto hai moitos que opinan igual que o maxistrado deputado.

Cuestión de preferencias
Comentarios