domingo. 17.11.2019 |
El tiempo
domingo. 17.11.2019
El tiempo

Dano a un dereito básico

DEVÓLVENLLES MÓBILES e ordenadores, pero o dano está feito. Os xornalistas de Diario de Mallorca e Europa Press aos que lles incautaron material de traballo sufriron un ataque desaforado contra o segredo profesional e polo tanto agrede o dereito á información, elemental nunha democracia. Pero un xuíz decide saltarse esta norma para coñecer a fonte que facilitou un informe sobre presuntas irregularidades contables dun empresario da noite balear que está sendo investigado, como se iso fose transcendente para a causa.

Agora o maxistrado terá que dar contas diante da Xustiza tras a querela presentada polos xornalistas, pero o corporativismo non aventura castigo, igual que xa pasara cando se tomaron decisións sobre a vidente que botaba as cartas en Lugo e o xuíz somnolento da Gürtel, sobre o que consideraron que as cabezadas que daba e o longo tempo que pasaba durmindo no xuízo era debido a que estaba "ensimesmado nas súas reflexións".

Dano a un dereito básico
Comentarios