viernes. 22.01.2021 |
El tiempo
viernes. 22.01.2021
El tiempo

Despertade, apurade

AS REDES sociais están repletas de palabras como despertade, apurade (ben, en castelán despertad, espabilad) e algunhas outras de similar simbolismo, así, en imperativo, que poderían servir de ánimo nestes tempos de tristura, expresións de boa vontade de quen pretende estimular para unha vida mellor. Pero tamén poderían significar, agardo que non, exhortación a derribar de xeito indebido un goberno que rexeitan, porque existen millóns que non aceptan este executivo socialcomunista saído das urnas hai un ano, e non polas decisións que tome, simplemente pola súa orientación ideolóxica.

Tamén podería entenderse como un xeito de considerar ignorantes a todos os satisfeitos coas decisións do Goberno e por iso piden despertad, espabilad, como imperativo de cambiade de preferencia política. É que as redes convertéronse en vomitorios, ás veces perigosos, nos que de cando en vez se supera a transgresión e se chega a traspasar a lei. E iso dá medo.

Despertade, apurade
Comentarios