sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

Encontros e desencontros

INCLUSO dentro dos partidos non existe unanimidade, sempre hai un sector díscolo. Crítico, dinlle. Entón aínda é máis habitual que nunha coalición se produzan desencontros, algúns ata estridentes. Pasará no Goberno formado hai uns días, non nos poderemos estrañar. Igual que é normal que aparezan disparidade de criterios entre as tres dereitas socias nalgúns executivos. De feito, a maioría de Cs xa exteriorizou a súa oposición á iniciativa de Vox que facilita aos pais vetar actividades educativas complementarias dos seus fillos, e dentro do PP xurdiron voces contrarias e outras que non se pronuncian para non molestar a Casado, que neste e noutros asuntos vai da man da ultradereita aínda que faga esforzos diferenciadores. Vox acaba de abandonar o goberno dun concello madrileño, pero iso non significa esgazamento xeral, seguiranse apoiando. Esmorecen as maiorías absolutas para emerxer as coalicións, máis difíciles pero agora inevitables.

Encontros e desencontros
Comentarios