jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Gasto, cuestión de concepto

Alguén que posiblemente estivera acostumado a non sobrepasar os antigos 140 caracteres de Twitter, pola capacidade de concreción, escribía non hai moito: "As pensións non son un gasto, a sanidade non é un gasto, a educación non é un gasto, as axudas para dependencia non son un gasto. Gasto é o financiamento da Igrexa, o mantemento da monarquía, agasallo ao sistema financeiro e perdón ás eléctricas". É cuestión de xestión, ou de concepto. Hai uns meses máis da metade das comunidades eran requeridas a un axuste farmacéutico e sanitario, pouco despois de saberse que o Banco de España daba por perdidos máis de 42.000 millóns do rescate dos bancos. Escasean os fondos para dependencia, pero destínanse centos de millóns a algunha entidade privada con acordos preferentes co Estado, a única con recadro propio no IRPF. Non é máis que a diferencia no xeito de repartir a riqueza, ou non, tamén pode ser a disparidade do que se considere gasto.

Gasto, cuestión de concepto
Comentarios