sábado. 30.05.2020 |
El tiempo
sábado. 30.05.2020
El tiempo

Golpe de temón para volver ser partido bisagra

CIUDADANOS volve ás orixes, a partido transversal e gonzo que pode dar gobernos a esquerda e dereita. Rivera viuse con posibilidades de converterse no referente da destra e así poder chegar á Moncloa e iso foi a súa tumba; non contaba coa resiliencia do PP e a súa potente maquinaria a pesar dos contratempos xudiciais, de corrupción e escisión. Os populares aguantaron e Cs recuou a testemuñal, pero con Arrimadas, logo do xiro na votación sobre o estado de alarma, pretende ocupar un espazo esencial, igual que fan outros partidos liberais en Europa, con Reino Unido e Alemaña como estandartes, onde tanto se poden escorar cara socialidemócratas/laboristas ou cristiandemócratas/conservadores, segundo quen gañe as eleccións, como ocorre aínda agora. Exemplo: o FPD é socio de goberno da CDU en Renania do Norte e do SPD en Renania-Palatinado. Cara esa fórmula retorna Cs. Algúns veno suicida, pero ser bisagra é a vía para a supervivencia.

Golpe de temón para volver ser partido bisagra
Comentarios