martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

Idioma exclusivo

NESTE PAÍS aínda hai ben xente que cre que falar varios idiomas é un problema, como se o coñecemento dun fose excluínte dos demais. Como se aprender inglés privara de calquera outro, ou se defenderse en galego impedise o uso do castelán. Certo que a maioría en Galicia non atopa atrancos por utilizar ambos os dous, indistintamente segundo o contexto, pero tamén que unha minoría despreza o galego e incluso argalla iniciativas contra el. Ciudadanos eliminaríao, no seu afán uniformista español, administrativamente recentralizador. Tamén parte do PP defendería a súa desaparición, pero non é tan claro nos postulados como o seu alter ego laranxa, que une cabeza, corazón e vísceras contra a lingua galega, tendo en conta o que di Lourenzo Fernández Prieto de que o Estado está na cabeza, a nación no corazón e o imperio nas vísceras. Todo para excluílo, incluso da Administración autonómica, aínda que o Estatuto lle mande defender o seu uso.

Idioma exclusivo
Comentarios