jueves. 29.10.2020 |
El tiempo
jueves. 29.10.2020
El tiempo

Inimigos crispados

HAI POLÍTICOS que consideran inimigos os seus rivais. Políticos con cargo e políticos de militancia básica hostís con quen non comunga co seu. Vai na personalidade de cadaquén. Exemplos abundan. Por sorte, a xeneralidade distingue a discrepancia da inimizade, e así nas institucións é doado ver membros de grupos dispares en animada conversa compartindo café ou aperitivo logo de debates acalorados onde exercen a representación. É o ideal, pero as excepcións de aversión vense máis, aquí e noutras latitudes. Como en Estados Unidos, onde Trump e Biden zúrranse cunha agresividade impropia, con descualificacións persoais que parecen máis buscar o exterminio do opoñente que a súa derrota. Hoxe veranse as caras os vicepresidenciables. Se repiten o modelo do primeiro dos debates dos candidatos a presidente será deplorable, pero é posible que ocorra porque hai políticos que gozan na crispación, Trump sobre todo, e aquí ten uns cantos acólitos.

Inimigos crispados
Comentarios