domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Lección económica sen aprender

CÚMPRENSE DEZ anos da caída do banco de investimentos estadounidense Lehman Brothers, que representou o inicio oficial da crise mundial, e durante este tempo "non aprendemos case nada", segundo mantén o prestixioso profesor Niall Ferguson para incidir na insuficiencia das medidas coas que evitar unha situación similar. A esta preocupante apreciación súmase a alerta de quen foi presidente do Banco Central Europeo Jean Claude Trichet de que a acumulación de débedas está abrindo o camiño a unha nova recesión. Ou sexa, que a penas saíndo dunha estamos meténdonos noutra pola cura en falso. As institucións parchearon, pero non resolveron dun xeito definitivo unha crise que non se sabe de certo se está no repunte doutra ou no final dunha que deixa máis desigualdade e depresión laboral. Nesta economía de casino, como así a denomina outro profesor, gañan uns poucos e perden nos de sempre.

Lección económica sen aprender
Comentarios