sábado. 24.10.2020 |
El tiempo
sábado. 24.10.2020
El tiempo

Liberdade limitada, claro

APELAN á liberdade para evitar levar a máscara, como antes reclamaban este dereito para que lles deixaran saír da casa, pero nestes e noutros moitos casos petan contra o establecido legalmente, o entramado do que para a convivencia se dota o Estado. Cantas máis leis, máis limitacións, excepto cando estas permiten o que ata a súa aprobación está vetado. A ninguén lle agrada levar tapabocas, igual que tampouco gusta pagar impostos nin moitas outras imposicións provintes de parlamentos, consellos de ministros ou concellos, pero os cidadáns temos a obriga de cumprir as normas, que cernan as liberdades individuais pola coexistencia grupal. O Estado non permite a transgresión que a vontade de un ás veces ansía, se ben como en todas as sociedades existen infractores nos que prevalece a súa liberdade sobre a que lle restrinxen os demais. Liberdade, si, pero só para o que non está prohibido ou o que é obrigado, aínda que non guste. Póñanse a máscara.

Liberdade limitada, claro
Comentarios