domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

As listas reflicten liderados

AO ACHEGARSE comicios os partidos ferven polo intento dos militantes de colocarse en postos importantes, para liderar listas ou ubicarse en lugares de presumible elección. A elaboración de candidaturas sen estridencia amosa liderados incontestables, porque aínda que a primeira palabra as teñen as asembleas, a derradeira é sempre da dirección. E este proceso, inconcluso aínda, reflicte que en Ciudadanos existe máis rexeitamento a Rivera do que se sospeitaba e que no PSOE a resposta interna é máis grosa do que sería lóxico nun partido que sustenta o presidente do Goberno. Ben é certo que ao final imponse Ferraz, pero as federacións andaluza a aragonesa non se achantaron nin deron por perdida a elección, o que amosa que sobre todo Susana Díaz aínda ten gañas de pelexa a pesar das estridentes derrotas, con Pedro Sánchez primeiro e logo nunhas eleccións autonómicas que a deberían levar á retirada. Pero aí sigue, en segunda liña pero torpedeando.

As listas reflicten liderados
Comentarios