jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Non contenta a case ninguén

NIN PENAS mínimas como desexarían os independentistas (descartada a absolución cando se chegou a xuízo) nin as máximas condenas como defendían case todos os partidos (o tribunal descartou a rebelión e optou pola rebaixada sedición). Entón ninguén estará satisfeito, excepto o PSOE, que como Goberno a través da Avogacía do Estado defendeu esa acusación en vez da outra. Unha cesión que cría favorecer o diálogo nun conflito que non ten visos de arranxo, porque o que en aparencia debería ser o desenlace do procés, non vai máis que representar outro chanzo no enfrontamento. A prisión dos líderes independentistas non favorece unha solución política nunha sociedade dividida á metade, e a tensión non minguará por moito que os encadeados empecen a ter saídas parciais. A decisión xudicial é unha derrota contundente do soberanismo, pero non reduce o número de cataláns defensores da causa, incómodos nun Estado. E volta empezar.

Non contenta a case ninguén
Comentarios