jueves. 21.11.2019 |
El tiempo
jueves. 21.11.2019
El tiempo

O insulto sube de nivel

EN XERAL NON chegamos ao nivel de Trump, pero imos camiño diso, e algúns fan méritos para superalo. O insulto, que a clase política española apenas utilizaba como arma dialéctica, estase instalando na vida pública. Deixou de ser recorrente o eufemístico "está vostede faltando á verdade" cando se lle quería chamar mentiroso ao rival. Resultaba menos agresivo aínda que a consideración fose a mesma. Un dirixente de Vox en Murcia non escatimou ofensas á ministra de xustiza, á que cualificou de puta e tiparraca. E un medio de comunicacións contabilizou 19 improperios de Casado a Sánchez nunha comparecencia. Non é por reproducilos aquí, pero estaban á altura dos "chiflado, estúpido e imbécil" (podiámolos traducir así) que lle lanzou o presidente estadounidense ao embaixador británico. Só por ofender, como Herrera ou reverte ante o que non lles gusta, cando faltan argumentos. Tan simples como a resposta de Cs a un agravio: "Que nivel, Maribel".

O insulto sube de nivel