miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

Persuasión perversa

UN PEQUENO número de ideas e repetilas incansablemente e aínda que sexan mentira o efecto multiplicador convérteas en verdade. Esta máxima non perdeu vigor a pesar que Goebbels a ideara hai case un século. Os partidos recorren a ela constantemente, todos. Tanto Podemos como ERC (ao PSOE non llo oín pero é posible que tamén o utilizara) aseguran para criticalo que o PP é o partido máis corrupto de Europa. Ninguén o pode rebater, pero tampouco hai datos que indiquen que sexa certo, porque non existe un escalafón de partidos adulterados no continente. Pero o aserto reiterado pode conseguir que a cidadanía o considere indiscutible. A mentira é unha ferramenta política, tamén para a outra faixa parlamentaria, que asegura, por exemplo, que nos últimos anos saíu de Venezuela máis xente que de Siria. O éxodo no país suramericano existiu, pero incomparable co ocorrido en Oriente Medio, pero a política non busca certezas, senón persuasións.

Persuasión perversa
Comentarios