lunes. 20.09.2021 |
El tiempo
lunes. 20.09.2021
El tiempo

Pois si, sobran concellos

A FORMULACIÓN dun dirixente político estou no certo de que non terá eco nin no seu propio partido nin nos demais, e esa, a do consenso entre formacións distintas, é a solución contra a atomización municipal. Defende o alcalde de Lalín que Galicia debería reducir os seus 313 concellos á metade, e iso favorecería a operatividade e optimizaría os recursos, pero non se vai concretar por falta de vontade, ante o temor de que si uns lideran a iniciativa os rivais a utilicen electoralmente. E igual que sobra unha manchea destas pequenas institucións en Galicia, en España aínda máis, pois existen miles das 8.131 do país que non chegan nin aos cen habitantes, ou dito á inversa, só hai 1.300 que superen os 5.000 residentes, que sería onde se debería poñer o límite por baixo, e en Lugo só alcanzan es cifra unha ducia dos 67. Non hai visos de consenso para a unión de concellos; ben, nin para iso nin para nada, entón da eliminación das deputacións xa nin falamos. 

Pois si, sobran concellos
Comentarios