miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

Viraxe ideolóxica

REARME ideolóxico, eufemismo co que o PP enmascara o xiro á dereita iniciado polo novo presidente. Viraxe nunha convención (non era congreso, pero semellaba) con Aznar de estrela e Rajoy apartado nun sofá, dous ex-presidentes con roles ben distintos, o primeiro como referente tras anos de ostracismo, gustoso de volver ser o líder na sombra que imparte cátedra, o entronizador de Casado exactamente coa mesma expresión que Fraga utilizara con el hai trinta anos, "nin tutelas nin tutías", aínda que a saber se desta é verdade e o anterior non intenta influír no actual. Volve Aznar ao seu PP logo de envexar a Cs cando a Rajoy se lle escapaba o partido polo flanco nacionalista que ofrecía Rivera, e agora foxe polo ultranacionalismo que propón Vox, que é cara onde parece que se atopa máis cómodo. O PP segue sendo o principal partido da dereita, pero a faixa está agora dividida en tres e querer acaparar ambos os dous lados pode deixalo en terreo de ninguén.

Viraxe ideolóxica
Comentarios