Así soaba a voz de Benedicto, fundador de Voces Ceibes falecido aos 71 anos

O cantautor, sindicalista e mestre Benedicto García Villar, fundador do colectivo galego de canción protesta Voces Ceibes, faleceu este luns aos 71 anos. Este cantautor, coñecido artisticamente como Benedicto, foi un músico e activista da lingua galega, membro fundador tamén do Movemento Popular da Canción Galega, que se retirou da vida pública hai uns anos por mor da enfermidade de Huntington que padecía.