Deporte General

O árbitro do Córdoba B - Mérida sae escoltado despois dun tenso partido

Achégase o final da tempada e en moitos equipos de fútbol os nervios están a flor de pel. Unha tensión que quedou reflectida no partido do domingo entre o Córdoba B e o Mérida, no grupo IV de Segunda División B, que terminou con pelexa, insultos e intento de agresión ao árbritro, que abandonou o céspede escoltado pola Policía. 

O Córdoba B tivo a vitoria na súa man durante boa parte do partido. Pero un gol de Mérida no 93 e un tanto anulado aos locais por fóra de xogo minutos máis tarde desataron a ira dos xogadores e os afeccionados, que empezaron a pelexar.

Finalmente, o Mérida anotou o seu segundo gol no minuto 102 e, con iso, un paso adiante para evitar o descenso.

Comentarios