Viernes. 24.05.2019 |
El tiempo
Viernes. 24.05.2019
El tiempo

GALICIA

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martin, dáo todo ao ritmo de 'Baby Shark'

Unha actuación que quedará gravada na historia das Rías Baixas. O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, non dubidou nin un momento e subiu a un palco situado na Praza dos Barcos do municipio para interpretar unha das cancións que máis tolean aos pequenos e as pequenas durante a festa do Entroido. Así, emulou os bailes doutros rexedores que no seu día se volveron virais —como o compostelán Gerardo Conde Roa ou o vigués Abel Caballero— e moveu as cadeiras bailando ‘Baby Shark’ cun ritmo que sorprendeu os veciños alí presentes.