Manifestación en Compostela pola liberdade dos políticos cataláns

Ao arredor de duascentas persoas concentráronse este luns pola tarde nas rúas de Santiago de Compostela pola liberdade dos "presos políticos" cataláns. A mobilización, convocada pola Plataforma Galiza con Catalunya, contou coa presenza da líder do BNG, Ana Pontón, o alcalde da capital galega, Martiño Noriega e diversas personalidades do mundo do galeguismo como Xavier Vence, Camilo Nogueira ou Bieito Lobeira.

Pontón trasladou a súa "solidariedade e fraternidade" cos políticos cataláns que "están inxustamente encarcerados ou exiliados" e instou á política a "actuar" e "deixar de esconderse en decisións xudiciais inxustificables".

Pola súa banda, esta mañá, o portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, cualificou de "moi dura" a actuación xudicial en Cataluña. VÍDEO. GALICIAÉ