Miércoles. 20.06.2018 |
El tiempo
Miércoles. 20.06.2018
El tiempo

MUNDO

Choiva de críticas e memes á versión do himno de Fergie no All Star da NBA

Mentres en España todo o mundo fala de Marta Sánchez e a súa particular versión da Marcha Real, en Estados Unidos ocorre algo similar coa inusual interpretación do himno que ofreceu a exintegrante dos Black Eyed Peas Fergie no último All Star da NBA. A reacción de varios xogadores, como Draymond Green e Joel Embiid, que non puideron evitar sorrir durante a actuación, serviu de material para os internautas, que deseguido alagaron as redes con todo tipo de críticas e memes. "A peor interpretación da historia?", preguntouse máis dun.