Atropelada en pleno directo tras ser entrevistada sobre o uso do patinete
07 de noviembre de 2019 (02:19 h.)
Unha moza que circulaba en patinete foi atropelada por un turismo en Palma de Mallorca segundos despois de contestar a unha enquisa realizada pola televisión balear sobre seguridade vial.
Momentos antes, a rapaza espuxera cales son as normas para circular en patinete e o reporteiro confirmoulle que estaba "aprobadísima".