Unha brutal colisión entre dous camións causa dous mortos no sur de Portugal
29 de abril de 2019 (19:51 h.)
Dúas persoas faleceron o pasado venres nun brutal accidente rexistrado entre Atouguia da Baleia e Serra d’El Rei, no sur de Portugal. Tiñan 29 e 62 anos.
O vehículo no que viaxaban viuse involucrado nun aparatoso accidente orixinado pola colisión frontal de dous camións.