Caballero: "Vigo is the most beautiful city in the world"
30 de noviembre de 2018 (22:59 h.)
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu este venres a falar en inglés para o aceso das luces de Nadal do Corte Inglés na cidade olívica. O rexedor mostrouse máis distendido que na súa anterior intervención, cando o seu inglés foi máis macarrónico que nesta ocasión. Caballero non dubidou en pór a guinda ao seu discurso dicindo que "Vigo is the most beautiful city in the world".