Unha campaña fomenta que os condutores respecten o metro e medio ao adiantar os ciclistas
16 de mayo de 2018 (20:10 h.)
A Consellería de Infraestruturas porá en marcha este venres, día 18 de maio, a campaña de seguridade viaria 'Metro e medio', que pretende fomentar o "respecto" pola distancia de seguridade ue un condutor debe manter para adiantar a un ciclista. Ademais, busca a "convivencia segura" entre os usuarios das estradas galegas.