Cando a Marta Sánchez lle deu por cantar en galego
21 de febrero de 2018 (22:40 h.)
A cantante coruñesa Marta Sánchez, de actualidade estes días pola súa particular versión do 'Himno nacional', actuou en varias ocasións en galego no programa 'Luar', da TVG. En maio de 2006 atreveuse con 'Quen poidera namorala', canción que popularizara Luis Emilio Batallán con letra de Álvaro Cunqueiro.