A 'cobra' do Papa aos fregueses nunha recepción
26 de marzo de 2019 (20:19 h.)
O papa Francisco protagonizou unha curiosa estampa durante unha recepción de fregueses ao apartar a man daqueles que tentaban bicar o anel do pescador que loce na súa man dereita.
As imaxes, que están a dar a volta ao mundo, mostran como o pontífice esquiva, cada vez con máis ímpeto, aos fieis que insistentemente queren tocar o anel cos seus beizos.
O comportamento do Papa xerou todo tipo de interpretacións nas redes sociais, onde moitos consideran que é un xesto de humildade.