Crean un extractor de esperma en China
25 de abril de 2019 (22:38 h.)
Un hospital chinés puxo en marcha unha máquina extractora de esperma para facilitar as doazóns ou análises clínicas a aqueles homes que teñen problemas para facelo na forma tradicional. O aparello dispón dun tubo de masaxe feito de silicona que se adapta á altura do doante e ao tamaño do seu pene.