O rapeiro Drake sorprende a unha nena de once anos hospitalizada
23 de agosto de 2018 (11:53 h.)
O rapeiro Drake quixo cumprir o soño de Sofía, unha nena de 11 anos hospitalizada nun centro de Chicago á espera dun trasplante de corazón. Días antes, a pequena protagonizaba un vídeo viral no que expresaba o seu desexo de coñecer ao artista.