Tarantino xunta a Brad Pitt e Leonardo DiCaprio na súa nova película
20 de marzo de 2019 (23:10 h.)
Quentin Tarantino está de volta. E non vén só. Sony Pictures lanzou o primeiro adianto de 'Érase una vez en... Hollywood', a novena película do director que chegará aos cines en agosto e que conta cun reparto estelar encabezado por Leonardo DiCaprio, Brad Pitt, Margot Robbie... e algúns invitados especiais como Al Pacino ou o mesmísimo Bruce Lee.