Para moitos sorprendeu e pareceu inxusta a decisión que Paulina Rubio tomou para 'cargarse' a Andrés Balado, o informático coruñés de 47 anos ao que tamén se lle coñece como o Bruce Springsteen galego, do programa de La Voz.
Balado enfrontouse nun duelo ao tenor Ángel Cortés, no que ambos interpretaron a dúo o clásico de Joe Cocker You are so beautiful. A pesar de ser un dos favoritos para gañar o concurso, saíu mal parado da actuación.
A intérprete mexicana xustificou a súa decisión explicando que cando decide "coa cabeza" adoita equivocarse, polo que decidiu decantarse pola vía irracional e e dar renda solta aos seus instintos, algo que, segundo ela, deulle bos resultados no pasado.
Na última edición do programa Paulina tampouco ditaminou favorablemente para para o dúo de Ángel Mosquera e Leonardo Mera, ambos tamén galegos que ensaian vía Skype, que foron eliminados no duelo fronte a Marlo. Nesta ocasión a canción a interpretar foi Writing's on the Wall, de Sam Smith.