Raúl González Blanco volverá ao Real Madrid, esta vez para iniciar a súa carreira como adestrador e dirixir o equipo de xuvenís B.
O Eterno Capitán volve á casa na que deu os seus primeiros pasos como futbolista profesional para facer os seus primeiros primeiros pasos como técnico. En abril conseguirá a licenza como adestrador e o próximo curso collerá as rendas do equipo de xuvenís b, do que no seu día tamén foi capitán.
Movementos na casa branca
A entrada de Raúl e a eminente saída de Santiago Hernán Solari como técnico do Castilla marcan os dous extremos dunha cinta corredera na que Guti Hernández daría un salto do banco do xuvenís á o filial merengue, mentres que Álvaro Benito deixaría atrás o xuvenís B para facerse cargo do A.