A alcaldesa de Mondoñedo e presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia
Ademais, Corina Porro, exdelegada da Xunta en Vigo, será a número dous por Pontevedra, segundo avanzou o propio Núñez Feijóo —que abrirá a lista por Pontevedra— nun acto este sábado en Santiago, no que asegurou que o vindeiro luns presentará "a lista completa" e insistiu en que o seu partido segue "coas portas abertas" mentres haxa prazo ante a posible incorporación dalgunha persoa de Ciudadanos nas listas do PPdeG.
Feijóo destacou que estas mulleres reúnen tres dos requisitos básicos para calquera político, como son "a experiencia política, a de xestión e o recoñecemento electoral".