Martes. 20.02.2018 |
El tiempo
Martes. 20.02.2018
El tiempo

Roberto Vilar ficha por Atresmedia

Roberto Vilar. AEP
Roberto Vilar. AEP

O cómico xovense volve dar o salto á televisión nacional para conducir un espazo de entrevistas

Roberto Vilar fichou por Atresmedia tras o imparable éxito de Land Rober, líder de audiencia cada xoves. Segundo adianta Yotele, o cómico xovense conducirá un espazo de entrevistas co humor como tónica predominante. Emitirase os venres pola noite en 'prime time'.

O presentador galego volve dar o salto á televisión nacional seis anos despois da súa fichaxe por Mediaset. En 2012, Vilar presentou o concurso Salta a la vista (Cuatro), que foi retirado ás poucas semanas tras os malos datos de audiencia.

A metade do dúo cómico Os Tonechos compaxinará a condución deste novo programa coa súa participación en Land Rober, que desde a súa volta en 2015 non parou de colleitar éxitos semana tras semana. 

Roberto Vilar ficha por Atresmedia